Saltar ao contido

Folga xeral española de 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel de Comisións Obreiras en Granollers para a convocatoria de folga xeral.
Manifestación sindical no Paseo da Castellana de Madrid.

A folga xeral española de 2010 (tamén coñecida como do 29-S) estivo convocada para o mércores día 29 de setembro[1][2] polos principais sindicatos (CCOO, UXT), menos os do País Vasco e Navarra. Esta folga, de 24 horas de duración, foi en contra da Reforma laboral de 2010,[3] promovida polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero e aprobada no Congreso dos Deputados o 9 de setembro de 2010 entrando en vigor o 19 de setembro de 2010;[4] e contra a Reforma de sistema público de pensións anunciada polo Goberno español.[5] Na convocatoria tamén se uniron outros sindicatos, como a CIG[6], CNT[7], CXT, a USO ou a COS;[8] e diversas organizacións e asociacións nacionais e internacionais.[9][10]

  1. VilaWeb, ed. (15 de xuño de 2010). "Els sindicats convoquen vaga general per al 29 de setembre". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  2. BTV Notícies, ed. (15 de xuño de 2010). "Els sindicats convoquen una vaga general el 29 de setembre". 
  3. UGT de Catalunya, ed. (22 de setembro de 2010). "Manifest dels autònoms, autònomes i professionals per la vaga general". 
  4. "El text de la reforma laboral es publica al BOE i entra vigor avui - 19 set 2010". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 2021-01-23. 
  5. Diari de Girona, ed. (10 de setembro del 2010). "Aprovada la Reforma que abarateix l'acomiadament". 
  6. "Nós xa decidimos sumarnos á folga xeral", 29 de setembro de 2010.
  7. "A CNT chama a participar activamente da folga xeral" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 28 de setembro de 2010.
  8. SindicatCOS.cat, ed. (4 de outubro de 2010). "Comunicat i valoració de la Vaga General". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  9. The New York Times, ed. (9 de outubro de 2010). "Spain’s Socialists and Unions Struggle to Adapt" (en inglés). 
  10. The Wall Street Journal, ed. (29 de setembro de 2010). "Spain Comes to a Halt" (en inglés).  (galería fotográfica)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.