Fondo Teatral María Casares
O Fondo Teatral María Casares (FTMC) é unha colección de documentos bibliográficos sobre artes escénicas creada en 1995 en Cangas. Está integrado na Biblioteca Pública do municipio e foi impulsado por un acordo entre o Concello, a Revista Galega de Teatro e a compañía Teatro de Ningures. Conta con preto dun millar de volumes con textos teatrais para escolares, adultos ou grupos profesionais de teatro, así como libros didácticos e publicacións especializadas tanto do estado como do estranxeiro, o que o fai o maior arquivo de temática teatral de Galicia. Alén da actividade habitual de empréstimo, organiza tamén exposicións e outras actividades como cursos de teatro, festivais ou certames. Os seus fondos proceden de doazóns de autores, compañías teatrais e particulares.
O seu nome pretende homenaxear a actriz galega máis internacional, María Casares.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Fondo na páxina da Revista Galega de Teatro
- Pequena mostra do arquivo Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.