Fontes do dereito
Aparencia
O termo Fontes do Dereito expresa dunha forma gráfica as figuras que serven para constituír as normas de convivencia dunha determinada sociedade.
Son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin.
O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:
- A Constitución, como norma suprema, que, á súa vez, contén e recolle ideas, crenzas, e principios nos que se basea a sociedade á que vai destinada
- A Lei, entendida de xeito amplo, como norma xurídica, o que incluiría toda disposición de carácter normativo, de rango inferior á constitución, á que se somete, e que provén de calquera órgano con competencia para ditala
- A Xurisprudencia, entendida como a doutrina dos Tirbunais que apican a lei
- O Costume, que consiste nun uso consciente e xerador de dereitos e obrigas por parte da sociedade ou do pobo
- Os Principios xerais do dereito, como ideas primixenias e fundamentais nas que se basea a convivencia pacífica dunha sociedade, pertencentes ao acervo cultural dun pobo, e que adoitan ser comúns ás diferentes culturas da humanidade ou polo menos do mesmo contorno.
- A Doutrina, entendida como a opinión dos expertos do dereito, que pola súa autoridade crean conviccións nos axentes xurídicos.
Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:
- Os tratados
- O costume internacional
- Os Principios xerais do dereito
- As opinións da doutrina
- Resérvase, a pedido de parte, a posibilidade de fallar "ex aequo et bono" (segundo o bo e o equitativo).