Fontesnovas, Ponferrada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Ponferrada | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.659 (2023) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Altitude | 504 m | |||
Creación | 1956 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24411 | |||
Fuso horario | ||||
Fontesnovas (Fuentesnuevas na súa denominación oficial) é unha vila do concello leonés de Ponferrada (capital da comarca do Bierzo), a cinco quilómetros da cidade homónima. Ten unha poboación superior aos 2.600 habitantes. Limita con Camponaraia, Cuatrovientos, Columbrianos e Cortigueira.
Historia
[editar | editar a fonte]Actualmente o idioma común é o castelán pero foi de lingua galega ata os anos 60 do século XX.
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Praza da Ermida.
- Cruceiro.
- Igrexa da Nosa Señora (co seu niño de cegoñas).
A vila ten os lugares da Cogolla, O Cachapón, A Costa da Eirexa, A Fonte das Perais, A Praza de Paco, A Praza da Serra, A Pista, As Parcelas e O Poboado.
A cidade deportiva de Fontesnovas consta de dous campos de fútbol. Un de herba con bancadas e iluminación artificial e o outro campo é de terra e tamén con iluminación artificial.
A vila é chá, distinguíndose nel a parte antiga da moderna co novo poboado. Na antiga pódense admirar os casaróns dos Villarino, con vans adintelados en granito e nobres balconadas, e a dos Cartuxo coa gran Balconada e portada baixo arco. Tamén se poden ver os restos do antigo convento coa súa portada e adega abovedada. Pero o monumento principal é a súa igrexa parroquial. Ten planta rectangular con cúpula encamonada ochabada sobre trompas; á beira esquerda da nave ábrese unha fermosa capela. No retablo maior destaca a abundancia de cariátides e telamóns xuntamente coas imaxes da Asunción, con rostro de ilusión, do século XVIII, e as de San Francisco de Asís e Santo Estevo, que fan a función de telamóns. No retablo lateral dereito está a Virxe das Candeas, moi delicada, con boa pintura. O Crucificado da pila da auga bendita é moi realista, quizais do século XVIII. A capela lateral da Nosa Señora da Portería ten cúpula con pintura da Última Cea sobre pendentes tamén pintadas. Foi edificada esta capela por doazón do párroco Bernardino Francisco de Losada y Quiroga en 1742. No seu retablo con columnas axerronadas está Santo Eloi. Leva ornamento de misa máis libro e custodia, xa que é patrón dos prateiros.
No novo poboado pode admirarse as polícromas vidreiras en franxas corridas aos lados da nave principal da igrexa, e sobre todo a da fachada coa Coroación da Virxe pola Santísima Trindade, obra de José Luis Sánchez.
Economía
[editar | editar a fonte]- Agricultura
Posúe grandes cultivos de todo tipo de alimentos da zona. Con invernadoiros de flores e leitugas. Tamén ten grandes viñas.
- Industria
Fontesnovas ten varias empresas importantes dentro da súa contorna económica. A maioría delas alóxanse no polígono de Cantalobos e os seus arredores.
Festas
[editar | editar a fonte]O día 18 de xullo ten lugar a festa do Corpus Christi, con solemne misa na Ermida do Cristo (situada no Camiño de Santiago). Nesta festa é costume merendar tenreira.
O 15 de agosto celébrase o Festival da Sardiña.
En novembro celébrase un magosto popular.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fontesnovas, Ponferrada |