Forgotten Coast
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | Estados Unidos de América | ||
Estado federado | Florida ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Sitio web | floridasforgottencoast.com ![]() |

Forgotten Coast ("Costa Esquecida" en inglés) de Florida é unha marca rexistrada a principios da década de 1990 pola Cámara de Comercio da Baía de Apalachicola[1]. O nome é máis empregado para referirse a unha sección da liña da costa, relativamente tranquila e sen desenvolver urbanisticamente, que se estende desde Mexico Beach (no golfo de México) a Saint Marks (na Baía de Apalache), no estado norteamericano de Florida[2]. As cidades máis próximas son Tallahassee, a uns 145 quilómetros ao nordés de Apalachicola, e Panama City, sede da Base da Forza Aérea Tyndall, que se atopa a uns 95 quilómetros ao noroeste.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ademais dos límites xeográficos sinalados, esta rexión engloba ás comunidade costeiras de (relacionadas de oeste a leste):
- Port St. Joe
- Cape San Blas
- Apalachicola
- Eastpoint
- Carrabelle
- Lanark Village
- Alligator Point
- Panacea
- Shell Point
Estas comunidades localízanse nos seguintes condados, que por extensión adoitan ser incluídos en referencias á Costa Esquecida por algúns escritores:
A área é coñecida pola comercialización das súas ostras e gambas, pola súa vida mariña e as súas praias de area branca fina. Ao longo da costa inclúense as seguintes penínsulas e illas de barrera:
- Condado de Gulf:
- Condado de Franklin:
As áreas naturais e históricas protexidas inclúen ás seguintes:
- Parque Estatal da Península de Saint Joseph
- Reserva Nacional e Centro de Investigación do Estuario de Apalachicola
- Refuxo Nacional de Vida Salvaxe de Saint Vincent
- Parque Estatal da Illa de Saint George
- Parque Forestal Estatal de Tate's Hell
- Parque Estatal de Bald Point
- Parque Forestal Estatal de Wakulla
- Parque Estatal do Manancial de Wakulla Edward Ball
- Parque Estatal Histórico de San Marcos de Apalache
- Refuxo Nacional de Vida Salvaxe de Saint Marks
- Vía Verde Estatal Histórica de Tallahassee-Saint Marks
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Axencia de Patentes e Marcas dos Estados Unidos (en inglés). A busca nesta páxina mostra que o nome foi "empregado por vez primeira comercialmente" en 1992.
- ↑ Reiley, Laura (2008). Avalon Travel Publishing, ed. The Forgotten Coast, Moon Florida Gulf Coast (en inglés). pp. 262–289. ISBN 1-59880-082-5.[Ligazón morta].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Forgotten Coastline, páxina de Chuck Spicer.