Formiato
O formiato (ou formato) ou metanoato é o anión derivado do ácido fórmico. A súa fórmula represéntase xeralmente como HCOO−. É o produto da desprotonación do ácido fórmico. É o anión carboxilato máis simple. Tamén se denominan formiatos aos compostos que son sales ou ésteres do ácido fórmico.
Bioquímica
[editar | editar a fonte]O formiato prodúcese en grandes cantidades nas mitocondrias das células hepáticas das células embrionarias e nas células cancerosas polo ciclo do folato.[1]
O formiato oxídase reversiblemente pola acción do encima formiato deshidroxenase:[2]
- HCO2- → CO2 + H+ + 2 e-
Ésteres e sales de formiato
[editar | editar a fonte]Os ésteres de formiato teñen a fórmula ROC(O)H. Moitos destes ésteres fórmanse cando se disolven alcohois espontaneamente en ácido fórmico.
Os sales de formiato teñen a fórmula M(O2CH). Eses sales teñen tendencia á descarboxilación. Por exemplo, o sal formiato de níquel hidratado, descarboxílase a aproximadamente 200 °C para dar un po fino de metal níquel:
- Ni(O2CH)2(H2O)x → Ni + 2 CO2 + x H2O + H2
Estes finos pos son útiles como cataliadores de hidroxenación.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- etil formato, CH3CH2(HCOO)
- formiato de sodio, Na(HCOO)
- formiato de cesio, Cs(HCOO)
- metil formiato, CH3(HCOO)
- metil cloroformiato, CH3OCOCl
- trietil ortoformiato
- trimetil ortoformiato, C4H10O3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ H Frederik Nijhout, et al, In silico experimentation with a model of hepatic mitochondrial folate metabolism, Theoretical Biology and Medical Modeling, 2006, 3:40, link http://www.tbiomed.com/content/3/1/40/abstract).
- ↑ T. Reda, C. M. Plugge, N. J. Abram and J. Hirst, "Reversible interconversion of carbon dioxide and formate by an electroactive enzyme", PNAS 2008 105, 10654–10658. doi 10.1073/pnas.0801290105