ForoCoches
ForoCoches | |
---|---|
Tipo | foro |
Na rede | |
https://www.forocoches.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ForoCoches é un foro español que inicialmente estaba orientado cara a temas de automoción pero ao final converteuse nun foro multitema. Foi creado o 15 de marzo de 2003.
O foro dispón dunha categoría xeral, a máis usada, e outras para electrónica, automoción, viaxes etc... O foro é coñecido polos memes de Internet, créanse moitos neste foro e chegan a ser coñecidos en toda España, inclusive Portugal e toda a comunidade castelanfalante.
O foro creouse da man de Alejandro Marín Nicolás, propietario de LW Network. No foro, ten o sobrenome de "Electrik".
Os idiomas do foro son todos os de España, é dicir, o castelán, o galego, o catalá, o éuscaro e outros menos falados.
No foro, éntrase mediante invitación e coñécese pola complicación para conseguir rexistrarse no foro.[1] Dado o enorme tráfico de mensaxes que fai practicamente imposible revisar todos e cada un deles, Forocoches ten un sistema de moderación automático que consiste en que son os propios usuarios os que, a través de chamadas de atención (informe), poden sancionar actitudes cuestionábeis, podendo levar a unha prohibición de novas colaboracións (ou baneo) ó usuario provocador ou que viole as regras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Polo, Juan Diego. "5 formas de conseguir invitación para forocoches". WWWhat's new? - Aplicaciones, marketing y noticias en la web (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2019.