Foro Cultural Provincia do Bierzo
O Foro Cultural Provincia Do Bierzo é unha asociación cultural[1] sen ánimo de lucro da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León, España. Entre os seus obxectivos figura a defensa dos sinais de identidade do Bierzo.[1]
Legalizada en outono de 2007, desenvolve a súa actividade dende finais de 2005 dándose a coñecer a través dunha rolda de prensa convocada para anunciar a reivindicación de instalar a bandeira do Bierzo no balcón do concello de Ponferrada, petición avalada por unha recollida de firmas realizada pola asociación.[2]
Orixinalmente a asociación chamouse Foro Cultural pola Provincia do Bierzo modificándose a súa denominación pola actual en outono de 2007. Encádrase dentro do movemento bercianista. Entre as súas actuacións destaca a recollida, xunto ao Partido de El Bierzo, de 5.000 firmas reivindicando a devolución da Cruz de Peñalba.[3]
Segundo afirman néganse a recibir subvencións públicas financiando a súa actividade a través das achegas dos seus afiliados, donativos e outras actividades (rifas, lotería,...).
Teñen un acordo de colaboración co Partido de El Bierzo polo cal asesoran este en temas culturais. O Partido, así mesmo, aprobou a creación dunha sección chamada corrente de opinión da que os membros da asociación afiliados ao Partido forman parte.[4]
Desenvolven a súa actividade no que denominan Rexión do Bierzo, que abrangue os límites da antiga Provincia do Vierzo.
Editan unha publicación gratuíta chamada Bierzo Opinión,[5] da cal afirman realizar entre 4.000 e 5.000 exemplares distribuídos por varios concellos do Bierzo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Datos da asociación no rexistro da Xunta de Castela e León.
- ↑ http://www.diariodelbierzo.com/bierzo/index.php?noti=33941[Ligazón morta]
- ↑ Noticia da presentación pública das firmas
- ↑ "Noticia en eBierzo.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 09 de decembro de 2013.
- ↑ nº 0 de Bierzo Opinión. formato PDF
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da asociación no rexistro da Xunta de Castela e León.