Forro (heráldica)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Son chamados forros o armiño e o vero, así como as súas variantes, contra-armiño, contravero e outras numerosas variacións do vero.
A cibelina ou falso-armiño tamén é considerada como un forro, pero atópase sobre todo como un forrado dos mantos dos adornos do escudo. Atópase tamén nos campos cubertos de "forro ó natural".
Historia
[editar | editar a fonte]Na orixe, o uso de forros para obter certos efectos coloreados dos brasóns parece ser unha práctica frecuente.
Así, a "cor" sable era, nun principio, un forro: era a cibelina de cor negra (en ruso sobol do cal deriva sable), pero ó final o sable terminou por ser considerado como un esmalte, a cibelina permaneceu como un forro polas súas pintas (sinónimo de "falso armiño").
A etimoloxía de goles permite pensar tamén nun forro primitivo. En heráldica, o termo de "goles" designaba a cor vermella que se di que se utilizaba nas peles dos pescozos das martas. En canto ó vero, reproducía os forros do esquío gris de Rusia co ventre branco e as costas de gris azulada.
Os forros monocromáticos desapareceron como forros heráldicos e non permanecen máis que nas composicións con motivos bicolores obtidos por sementados de pintas como o armiño ou a cibelina, ou por "parchado" como o vero.
Armiño, contra-armiño e armiñado
[editar | editar a fonte]O campo sementado por excelencia é o armiño, que é "prata sementado de pintas de armiño de sable". Este moble "pintas de armiño" non existe máis que nos forros, o que xustifica conservar o termo técnico "armiño" para describir os sementados correspondentes.
- O contra-armiño é "de sable armiñado de prata", ou aínda "de sable sementado de pintas de armiño de prata".
- O caso xeral sería "o armiño", aínda que ese termo non estaba reservado máis que ás figuras compostas polas pintas. Os campos imitando o armiño con calquera cor se blasonan: de <cor> sementados de pintas de armiño de <cor>, e deben respectar a regra de alternancia das cores, como todo campo sementado.
Vero e Verado
[editar | editar a fonte]O vero e as súas diferentes variacións están formados da alternancia de "campás" e de "botes" (que son da mesma forma que as campás pero pés contra cabeza), orientadas horizontalmente sobre "tiras". Campá e bote son necesariamente dun metal e un esmalte.
O tamaño e o número das pezas e das tiras non son calquera, e por tanto este forro non pode, como o armiño, ser considerados como un "sementado", o cal supón un número indeterminado de pezas.
Dunha peza á outra, o motivo pode estar aliñado en pau. Doutra banda, a liña de base pode ser da mesma cor que a precedente, ou ó contrario, alternalos. Combinando estas posibilidades, o vero pode presentarse en catro formas.
- Vero (fig. 1)
- O forro de base está constituído por campás de azur e botes de prata. A primeira tira porta un número enteiro de campá e comeza por un medio-bote de prata, a segunda desfasada en quincunce, comeza entón por unha media-campá de azur. Se cobre todo o campo, porta de catro a cinco tiras. (A menos de catro tiras, fálase dun campanario -que é moi raro, a partir de seis tiras fálase de miúdo-vero).
- Vero en pau (fig.2)
- as tiras están repetidas de maneira idéntica sen desfasamento.
- Vero en punta[1] (fig.7)
- É un vero no cal as tiras pares están invertidas.
- Contravero (fig.3)
- É un vero en pau no cal as tiras pares están invertidas.
- Vero invertido(fig.4)
- Todas as tiras están invertidas. (As campás son de prata e a primeira tira comeza por unha media-campá. Non se debe confundir cun vero de azur e de prata, onde as campás son tamén de prata, pero que comeza por un medio-bote de azur). De feito o "inverso" pode afectar non importan que variante, pódese entón imaxinar un "vero en pau invertido" etcétera. Estas posibilidades son raramente utilizadas.
- Todas as fórmulas previas teñen as súas variantes en verado, verado en pau etc, en tanto que unha cor polo menos difire do forro de base.
- Verado (fig.5)
- aquí - "verado de goles e de ouro".
- Contraverado (Fig.6)
- aquí - "contraverado de sinople e de prata".
Forma das campás e dos botes
[editar | editar a fonte]A fantasía das ilustracións introduciu un gran número de variacións na forma das campaíñas (que ás veces non parecen moito campaíñas). Atópanse así, aínda que raramente, vero (ou verado) billeteado, acanalado, en escamas, encaixado, nubrado, ondulado (a menos rara), potenzado...Estas formas non parecen constituír unha característica determinante de identificación e parecen estar máis ligadas a modos de representación segundo os lugares e/ou as épocas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Este nome presenta un problema, o "en punta" significa habitualmente "na parte baixa do escudo". Utilízase ás veces o nome "vero ondulado", que é tamén inoportuno, porque non hai liñas curvadas, e ademais un vero ondulado ortodoxo existe (chamado tamén ás veces vero á antiga). Esta variante, sendo moi rara, o problema é menor.