Saltar ao contido

Forzas Armadas de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forzas Armadas de España
Tipoforzas armadas
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://reclutamiento.defensa.gob.es/
editar datos en Wikidata ]

As Forzas Armadas de España (FFAA ou FAS) son unha organización de carácter oficial encargada da defensa nacional de España. O mando supremo corresponde ao rei de España, Filipe VI, segundo o artigo 62 da Constitución. A ministra de Defensa é Margarita Robles (PSOE) e o xefe do Estado Maior da Defensa (habitualmente denominado como JEMAD) é o almirante xeneral Teodoro Esteban López Calderón. As Forzas Armadas son membros activos da OTAN, do Eurocorpo e dos Grupos de combate da Unión Europea.

De acordo co artigo 8 da Constitución Española,[1] as Forzas Armadas divídense en:

Ademais, existen dúas unidades formadas por membros dos tres exércitos: a Garda Real e a Unidade Militar de Urxencias. A Garda Civil, integrada na estrutura do Ministerio do Interior, é un Instituto Armado, un corpo de natureza militar e adscríbese funcionalmente ao Ministerio de Defensa en caso de estado de sitio ou de guerra, ademais de poder actuar como policía militar en misións no exterior.

A 1 de xaneiro de 2021 as Forzas Armadas españolas dispoñían de 133.282 efectivos militares.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

España nestes momentos ten varias misións activas no estranxeiro: no Líbano con 1.070 efectivos e en Afganistán con 1290 efectivos. En decembro de 2006, o Goberno de España acordou manter en 7.000 o número máximo de soldados despregados.

As Forzas Armadas Españolas contaban a comezos de 2010 cun número aproximado de 135.000 militares en activo (47.500 militares de carreira, 1.500 de complemento e ao redor de 86.000 soldados de tropa e mariñeiría), así como 10.000 reservistas voluntarios.

España pertence á OTAN desde 1982 e ratificouno en referendo en 1986. As condicións foron a redución de bases aéreas e militares estadounidenses situadas en España desde 1953, ano en que se asinasen os primeiros acordos cos Estados Unidos desde a segunda guerra mundial, e a non integración no aparello militar da Alianza Atlántica. Ambas seguen sen cumprirse. Desde a chegada da democracia, o contacto directo con nacións democráticas, a progresiva introdución de España nos asuntos internacionais, a profesionalización do Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, xunto co esforzo económico realizado, fixeron que as forzas armadas españolas melloren considerablemente.[Cómpre referencia]

Misións no estranxeiro

[editar | editar a fonte]

As Forzas Armadas Españolas teñen uns 2.600 soldados despregados[cando?] nas catro misións de paz activas que hai no estranxeiro:[Cómpre referencia]

Despregamento español como parte da ISAF en Afganistán
  1. "CONSTITUCION ESPAÑOLA DE 27 DE DICIEMBRE DE 1978". Arquivado dende o orixinal o 16/04/2008. Consultado o 22/08/2008. Las Fuerzas Armadas, constituidas por el Ejército de Tierra, la Armada y el Ejército del Aire, tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el orden constitucional. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]