Saltar ao contido

Fosca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fosca
Título orixinalFosca
Autor/aIginio Ugo Tarchetti
OrixeItalia
LinguaItaliano
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Italia 1869
Galicia 2016
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas280
ISBNISBN 978-84-944422-6-1
TraduciónIsabel Soto
editar datos en Wikidata ]

Fosca[1] é unha novela en lingua italiana escrita por Iginio Ugo Tarchetti publicada orixinalmente en 1869 en formato serial. Fosca serviu como base do filme de 1981 de Ettore Scola Passione d'amore, así como o musical Passion de Stephen Sondheim, en 1994. Por mor do éxito da versión teatral, unha versión en inglés traducida por Lawrence Venuti foi publicada en 1994 co nome Passion: A Novel (Mercury House).[2]

Foi traducido ó galego por Isabel Soto[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.[1] A tradución recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVI edición (2016).[4].

  1. 1,0 1,1 Fosca. Traducido por Isabel Soto (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2016. ISBN 978-84-944422-6-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Tarchetti, I.U. (1994). Passion: A Novel. Mercury House. p. 216. ISBN 978-1562790646. 
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 75. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  4. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. Arquivado 10 de abril de 2019 en Wayback Machine., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.