Fotólise
Aparencia
A fotólise, tamén chamada fotodisociación ou fotodescomposición, é a ruptura de enlaces químicos a causa da enerxía radiante.
Denomínase fotólise, á disociación de moléculas por efecto da luz, e defínese como a interacción dun ou máis fotons cunha molécula obxectivo. É un dos fenómenos no que se basea, entre outros procesos, a fotosíntese.
A fotodisociación non está limitada ao espectro visible; calquera fotón con suficiente enerxía pode afectar aos enlaces químicos das moléculas dun composto. Como a enerxía fotónica é inversamente proporcional a súa lonxitude de onda, a radiación electromagnética coa enerxía da luz visible ou maior, como a radiación ultravioleta, raios X e raios gamma aparecen involucradas en tales reaccións.