Fouce
Aparencia
(Redirección desde «Fouciño»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fouce (homónimos).
A fouce (e o seu diminutivo para un tipo máis pequeno, o fouciño) é un instrumento de labranza composto por unha folla de aceiro curva e afiada pola súa parte cóncava, inserida nun mango de madeira. Este instrumento, que pode ter dentes como unha serra e ser de diferentes tamaños, serve para cortar ou segar herba ou cereais.