Foudia rubra
Foudia rubra | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Foudia rubra (Gmelin, 1789) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Foudia rubra é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica da illa de Mauricio.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin,[2] co nome de Emberiza rubra.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Foudia.
O epiteto específico, rubra, é o nominativo singular feminino do adxectivo latino ruber, -bra, -brun, que fai referencia á coloración da cabeza do macho desta ave.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Emberiza rubra Gmelin, 1789 (protónimo).[3]
- Fringilla erythrocephala Gmelin.[4]
- Ploceus erythrocephalus Swainson.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Mide 14 cm de lonxitude. Os machos reprodutores son de cor parda olivácea coa cabeza, o peito e a rabadilla ou sobrecú vermellos, e a área loreal negra.[6] As femias, os machos non reprodutores e os xuvenís son de cor parda olivácea con barras brancas na ás e o bico marrón.
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Vive n a iila de Maurio¡cio e ilots adxacentes, desde os 0 aos 300 m de altitude,[1] encontrándose en todo tipo de bosques autóctonos, incluídos os degradados, así como nas crecentes plantacións de especies de árbores non autóctonas,[7] como as de piñeiro e do cedro xaponés (Cryptomeria japonica), que aumentaron notabelmente durante entre 1994 e 2003, substituíndo á vexetación nativa e que agora subministran protección contra os depredadores de niños.[8][7]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase principalmente de insectos, como saltóns, larvas de escaravellos, eirugas e arañas. Tamén comen froitos e bagas con regularidade, así como néctar, utilizando para iso a súa lingua especializada, rematada na punta por un pincel.[9][10]
Reprodución
[editar | editar a fonte]A cría na Île aux Aigrettes,[11][12] pequena illa —a máis grande, cunha superficie de 0,26 km2, das situadas na baía do distrito de Grand Port, ao leste da illa principal da República de Mauricio, e que constitúe unha reserva natural deste país,[13] lévase a cabo entre os meses de xullo e febreiro,[14] uns dous meses antes que a poboación que habita na illa de Mauricio. A reprodución pode terminar se hai un período prolongado de chuvia (máis de un mes), pero en condicións secas non causan unha interrupción.[15]
Conservación
[editar | editar a fonte]Está ameazado pola perdida de hábitat e pola depredación por animais introducidos. A partir da década de 1970 perdeu gran parte do seu hábitat cando a terra foi despexada para plantacións.[6] No ano 2001 non había máis de 100 parellas reprodutoras.[16] Os niños son atacados polos depredadores, en especial ratas negras (Rattus rattus) e macacos cangrxeiros (Macaca fascicularis). Esta é actualmente a principal causa do declive da ave. Algunhas áreas do seu hábitat intacto teñen unha alta depredación de niños, pero as zonas de baixa depredación de niños poden seren hábitats deficientes.[6] O miná común (Acridotheres tristis) tamén se observou depredando os niños.
Os esforzos de conservación inclúen o control de ratas e macacos. Un programa de cría en catividade levado a cabo pola Fundación de Vida Silvestre de Mauricio produciu moitos pitos.[6] A poboación aumentou recentemente debido aos programas de conservación establecendo subpoboacións en illas costeiras.[6] Debido a estes esforzos de conservación a especie foi baixada de «en perigo crítico» a «en perigo» en 2009.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Macho na época de reprodución
-
Macho reprodutor voando
-
Femia
-
Macho inmaturo alimentándose de néctar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Foudia rubra na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 22 de abril de 2019.
- ↑ Foudia rubra (Gmelin, 1789) no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 Foudia rubra (Gmelin, JF, 1789) en AviBase.
- ↑ Fringilla erythrocephala Gmel., en General Zoology, or, Systematic natural history, by George Shaw, continued by James Francis Stephens. Vol. 9, Part 2. Aves. London: G. Wikie et al., 1816, páx. 458.
- ↑ Ploceus erythrocephalus en The Penny Cyclopaedia of the Society for the Difusion of Useful Knowledge, Volume 27. London: Charles Knight and Co., 1863, páxina 170.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 BirdLife International (2015): Fact Sheet: Foudia rubra Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en birdlife.org. Consultado o 24 de agosto de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 [Cristinacce, A.; Handschuh, M.; Switzer, R. A.; Cole, R. E.; Tatayah, V.; Jones, C. G. & Bell, D. (2009): "The release and establishment of Mauritius Fodies Foudia rubra on Ile aux Aigrettes, Mauritius". Conservation Evidence 6: 1-5.
- ↑ Garrett, L. (2009): Mauritian Wildlife Foundation Mauritius Fody Recovery Programme Annual Report 2008-09.
- ↑ Mauritius Fody Foudia rubra Arquivado 03 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. Weaver Watch.
- ↑ Cheke, A. S. (1987): "The ecology of the smaller land-birds of Mauritius. En: Diamond, A. W. (ed.), Studies in Mascarene island birds. ISBN 13 978-0-5212-5808-1, pp. 151-207. Cambridge, UK: Cambridge University Press.
- ↑ Localización da illa Mapcarta. Consultado 27 de agosto de 2019.
- ↑ "Ile aux Aigrettes, Grand Port, Mauritius on world map, pictures, coordinates and short facts". 20 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 27 de agosto de 2019.
- ↑ "Île aux Aigrettes, Mauritius - Geographical Names, map, geographic coordinates". geographic.org. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ Cristinacce, A.; Garrett, L. J. H.; Cole, R. E.; Tatayah, R. V. V. & Jones, C. G. (2010): Nesting success of a managed population of Mauritius Fodies Foudia rubra marooned on a partially restored island". Bird Conservation International 20 (4): 365-374.
- ↑ Safford, R. J. 2013, pp. 882-886.
- ↑ Mauritius Fody. Arquivado 07 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Durrell Wildlife Conservation Trust. 12 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Foudia rubra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Foudia rubra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
- Safford, R. J. & Hawkins, A. F. A., eds. (2013): The Birds of Africa. Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6532-1.