Saltar ao contido

Frédéric Cuvier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrédéric Cuvier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1773 Editar o valor en Wikidata
Montbéliard, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1838 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Estrasburgo, Francia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo, físico, paleontólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaF.Cuvier Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaF.Cuvier Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrédéric Cuvier Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorges Cuvier Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Medvik >>>:Cuvier, Frédéric, 1773-1838, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1511979 Find a Grave: 190960411 Editar o valor en Wikidata

Frédéric Cuvier, nado o 28 de xuño de 1773 en Montbéliard, Doubs, Franco Condado (Francia), e finado o 24 de xullo de 1838 en Estrasburgo, foi un paleontólogo, zoólogo e botánico francés.

Era o irmán máis novo de Georges Cuvier.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi coidador xefe da gardaría de animais do Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, de 1804 a 1838.

A partir de 1816 dirixiu o Dictionnaire des sciences naturelles.

En 1835 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.

En 1837 creou a sección de "Fisioloxía comparada" no Museo de Historia Natural de París.

Foi mencionado por Charles Darwin en A orixe das especies (capítulo VII), por ter traballado no estudo do comportamento dos animais e o instinto, en especial a distinción entre o hábito e o instinto.

Tamén se menciona en Moby Dick (capítulo 32) por ter escrito sobre as baleas.

Entre outras moitas especies, describiu e deulle o nome científico ao panda vermello (Ailurus fulgens) en 1821.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Cuvier foi descrito como o primeiro científico en utilizar os termos "héréditaire" (hereditario) en 1807 e "hérédité" en 1812 no seu contexto biolóxico. Utilizou ámbalas dúas para promover a herdanza das características adquiridas baseándose nos seus estudos sobre o comportamento animal.[1][2]

Malia ser un defensor da herdanza das características adquiridas, ao igual que o seu irmán negou a transmutación de especies,[3] cría que os patróns de comportamento dos animais cambian co paso do tempo en relación ás necesidades inducidas polo medio ambiente. O historiador Robert J. Richards escribiu que Cuvier "non cría que os patróns anatómicos das especies fosen modificados co paso do tempo, aínda que admitiu que cambiaron de formas non esenciais a través da herdanza das características adquiridas... Era un evolucionista do comportamento, aínda que modesto".[3]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 1819-1842. Frédéric Cuvier, Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Histoire naturelle des mammifères. 4 vols.
  • 1825. Des Dents des mammifères considérées comme caractères zoologiques
  • 1836. De l'Histoire naturelle des cétacés, ou Recueil et examen des faits dont se compose l'histoire naturelle des animaux. 2 vols.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
  • A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
  1. 1,0 1,1 Burkhardt, Jr. (2013), pp. 793–805.
  2. Burkhardt (2011), pp. 33-44
  3. 3,0 3,1 Richards (1987), pp. 65-70

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]