Fragmento de Okazaki
Aparencia

Un fragmento de Okazaki é un relativamente pequeno fragmento de ADN (cun primer de ARN no extremo terminal 5') formado na cadea retardada durante a replicación do ADN.
Características
[editar | editar a fonte]Os fragmentos de Okazaki teñen entre 1.000 e 2.000 nucleótidos en Escherichia coli e entre 100 a 200 en eucariotas. Foron orixinalmente descubertos por Reiji Okazaki, Tsuneko Okazaki e o seu equipo, cando estudaban a replicación do ADN de bacteriófagos en Escherichia coli.[1][2]