Frances Willard
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1839 ![]() Churchville, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 17 de febreiro de 1898 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | gripe ![]() |
Lugar de sepultura | Rosehill Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Igrexa congregacional ![]() |
Educación | Milwaukee-Downer College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sufraxista , temperance worker (en) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade Northwestern (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Pai | Josiah Willard (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Frances Elizabeth Caroline Willard, nada o 28 de setembro de 1839 e finada o 17 de febreiro de 1898 foi un educadora estadounidense, ademais de escritora e activista a prol do Movemento pola Temperanza e o sufraxio feminino. A súa influencia foi fundamental na aprobación de dúas transcendentais emendas da Constitución dos Estados Unidos, a décimo oitava, que estabeleceu a «prohibición» ou «lei seca», e a décimo novena, que permitiu o voto das mulleres.[1]
Willard foi presidenta nacional da Woman's Christian Temperance Union en 1879, a primeira organización colectiva de mulleres dedicada á reforma social, e mantívose no cargo durante 19 anos. Tamén desenvolveu a lema «facer de todo», característico da WCTU, que presionaba ós seus membros a participar en cabildeo, peticións, proselitismo, publicidade e educación.[1]
A súa visión ampliaríase máis adiante para incluír entre as súas causas a axuda federal á educación, os xantares escolares de balde, os sindicatos de traballadores, a xornada laboral de oito horas, a asistencia para os pobres, o saneamento municipal e a formación de consellos de saúde, de transporte nacional, de endurecemento das leis contra a violación, de protección contra o abuso infantil,[1] e sobre a teoría da reforma agraria de imposto único de Henry George.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- Woman and temperance, or the work and workers of the Woman's Christian Temperance Union (1883)
- How to Win: A Book For Girls (1886)
- Nineteen beautiful years, or, sketches of a girl's life (1886)
- Glimpses of fifty years: the autobiography of an American woman (1889)
- A Classic Town: The Story of Evanston (1891)
- Woman's Christian Temperance Union. President. President's Annual Address (1891)
- Do everything: a handbook for the world's white ribboners. (¿?)
- A Wheel Within a Wheel: How I Learned to Ride the Bicycle (1895)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Willard, Frances (2002). Donawerth, Jane, ed. Rhetorical Theory by Women before 1900: an Anthology (en inglés). Rowmand and Littlefield. pp. 241–254. Consultado o 6 de marzo de 2016.
- ↑ "The Inquisitive Voter". The Great Adventure (en inglés) 4 (35). 11 de setembro de 1920.
The proposition of Henry George will do more to lift humanity from the slough of poverty, crime, and misery than all else