Francesca Haig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1981 ![]() Tasmania, Australia ![]() |
Educación | Universidade de Melbourne (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora, poetisa ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Francesca Haig, nada en Tasmania o 19 de xullo de 1981, é unha escritora australiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creceu en Hobart. Estudou no instituto de Fahan[1] e graduouse en escritura creativa pola Universidade de Melbourne, na que traballou como profesora e na que se doutorou. É profesora de Filoloxía Inglesa e Escritura Creativa na Universidade de Chester[2]. Vive en Londres co seu marido e o seu fillo[3].
A súa área de investigación é a ética e a poética na novela histórica moderna, e está especializada en literatura do Holocausto. Publicou artigos de temática diversa, desde a pseudociencia a William Shakespeare.
A súa poesía apareceu publicada en revistas literarias e antoloxías en Australia e Inglaterra, como Overland, Famous Reporter e Blue Dog. En 2006 publicou o seu primeiro poemario, Bodies of Water, finalista do Premio Anne Elder[4]. Participou en numerosos foros de poesía, festivais e conferencias.
En 2015 publicou a novela distópica The Fire Sermon, primeira da serie epónima post-apocalíptica.
Obra
[editar | editar a fonte]Serie The Fire Sermon
[editar | editar a fonte]- The Fire Sermon (2015)
- The Map of Bones (2016)
- The Forever Ship (2017)
Poesía
[editar | editar a fonte]- Bodies of Water (2006)
Relatos
[editar | editar a fonte]- The Day the Words Took Shape (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francesca Haig returns to Fahan". Fahan School (en inglés). 2 de decembro de 2016.
- ↑ "Francesca Haig". University of Chester (en inglés).
- ↑ "About Francesca". francescahaig.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ 2006 National Literary Awards Results Arquivado 01 de setembro de 2007 en Wayback Machine. p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- www.francescahaig.com (en inglés).