Francesco Bonsignori
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1460 ![]() Verona, Italia ![]() |
Morte | 2 de xullo de 1519 ![]() Caldiero, Italia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Verona Mantua Venecia ![]() |
Ocupación | pintor ![]() |
Período de actividade | Renacemento |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Veronese school (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) ![]() Schilderboeck (pt) ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Francesco_bonsignori.jpg/250px-Francesco_bonsignori.jpg)
Francesco Bonsignori, nado en Verona cara a 1460 e finado en Caldiero o 2 de xullo de 1519, foi un pintor italiano do Renacemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bonsignori estivo influenciado inicialmente pola pintura veneciana de autores coma Antonello da Messina, Giovanni Bellini, Cima da Conegliano ou Alvise Vivarini. Viviu en Mantua entre 1487 e 1505, e entre os pintores cortesáns (xunto con Andrea Mantegna) entre 1487 e 1505. A proximidade de Mantegna dotou a súa arte dun ton máis monumental (retablo da Beata Osanna, Mantua, museo do Pazo Ducal; Madonna e santos,National Gallery de Londres), que se adozou, porén, cara a comezos do século XVI, cunha delicada morbideza na modelaxe, talvez por influxo da paisaxe mantuana de Leonardo da Vinci (compárense ao respecto as dúas versión do San Sebastián, de S. Maria delle Grazie en Curtatone, e o do Museo Estatal de Arte en Arezzo, e a Madonna e santos, en San Bernardino) de Verona).
Retratista de notábel calidade (como na efixie dun descoñecido, que figura na National Gallery). Francesco foi irmán de Girolamo Bonsignori, tamén pintor ao servizo dos Gonzaga.