Francisco Antonio Riestra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Oviedo, España |
Morte | 17 de decembro de 1880 Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político |
Familia | |
Fillos | José Riestra López |
Francisco Antonio Riestra Vallaure, nado en Oviedo e finado en Madrid o 17 de decembro de 1880, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado asturiano que chegou a Pontevedra cunha concesión real da subministración de sal, acumulou en pouco tempo unha notable fortuna e diversificou os seus negocios ata desembarcar na política, pasando pola Deputación provincial, o Congreso e o Senado. En 1869 fixo a presentación política de Eugenio Montero Ríos en Pontevedra.
Foi deputado provincial (1854-1862). Foi deputado polo distrito de Pontevedra en 1858 e volveu ser reelixido en 1863, 1865 e 1869. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872, sendo reelixido en 1876. En 1877 foi nomeado senador vitalicio.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Micaela López Fernández e foi pai de José Riestra López.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía Marqueses de Riestra Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.