Francisco Barcia Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 ![]() Cabanas, España ![]() |
Morte | 21 de outubro de 1947 ![]() Narón, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Pepe Casanova ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Francisco Barcia Martínez, coñecido como Paco da Casanova, nado en Fene e finado en Narón o 21 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Retornado da emigración en Cuba. Na II República foi dirixente das Juventudes Socialistas de Fene. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 loitou contra os sublevados que dende Ferrol avanzaban cara Pontedeume e logo escapou ao monte. En 1946 era o xefe do destacamento Manuel Eive-Ramiro Carbón. Teimoso ás posturas militaristas de Francisco Rey Balbís, foi acusado de feble. Foi tiroteado pola Garda Civil en outubro de 1947. Apareceu morto metido nun saco no río Grande de Xuvia en Doso (Narón) o 21 de outubro de 1947.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 41. ISBN 84-8485-231-8.