Francisco Castro Alvaredo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1953 (71 anos) Rendar, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Irmáns | Olalla Castro Alvaredo |
Francisco Castro Alvaredo, máis coñecido como Paco Castro Alvaredo, nado o 7 de outubro de 1953 en Novelín (Rendar-O Incio), é un escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Rendar, na de Farbán, e na “Ciudad de los Muchachos” de Ourense, máis coñecida como “Benposta” (de 1968 a 1977). En 1977 marchou estudar maxisterio a Madrid onde formou parte da chamada Comuna de Madrid.[1]
Traballou no Colexio Rexional de Xordos e dende 1986 na Universidade de Santiago, xubilouse en 2019 como Auxiliar Técnico de Biblioteca. Foi representante sindical e claustral na USC.
Participou na fundación de Mono da Tinta en 1987. Ten colaborado en varias publicacións como Revista galega de educación, Encrucillada,[2] La Voz de Galicia con artigos sobre Benposta, e tamén en Praza Pública.[3]
Nunha presa de terra (2013), para Darío Xohán Cabana "é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá". [4]
De Benposta a Lamaboa (2021) é unha novela, recreación, ensaio, que constrúe un particular “Poema Pedagóxico” da experiencia benposteña e extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa.[5]
Familia
[editar | editar a fonte]É irmán de Olalla Castro Alvaredo.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Nunha presa de terra (2013). Laiovento. 184 páxs. ISBN 978-84-8487-236-8.[6][7]
- De Benposta a Lamaboa (2021). Laiovento. 306 páxs. ISBN 978-84-8478-545-1.
Publicación colectiva
[editar | editar a fonte]- Galego. Ciclo Medio (1987). Víaláctea Textos. Con David Pérez Iglesias e Marisa Gil Nieto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Edicións Laiovento - Paco Castro Alvaredo". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "Fuco Castro Alvaredo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "Edicións Laiovento - NUNHA PRESA DE TERRA". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "Edicións Laiovento - DE BENPOSTA A LAMABOA". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-06-09). ""Nunha presa de terra", de Paco Castro Alvaredo". Caderno da crítica. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "El escritor de O Incio Paco Castro presentó su primera novela en el campus de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-06. Consultado o 2021-09-26.