Saltar ao contido

Francisco Corredoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Corredoira
Nome orixinalFrancisco José Corredoira González
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1979 (45 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGaliza
Altura1,72 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa e dianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol

Francisco José Corredoira González, coñecido como Paco Corredoira, nado o 28 de decembro de 1979 en Lugo é un exfutbolista galego que xogaba en varias posicións, entre elas defensa central, interior e extremo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores da S.G. Comercial e posteriormente no CD Lugo, pasou polo Racing Vilalbés antes de recalar no filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo en Segunda División na tempada 2000/01, conseguindo ficha do primeiro equipo na tempada seguinte. Xogou en Compostela tres tempadas nas que viviu un amargo descenso a Segunda División B, o seguinte ascenso á categoría de prata e o definitivo descenso por falta de pagamento pese a rematar a tempada na novena posición.

No verán de 2003 fichou polo SD Eibar da Segunda División, onde xogou dous anos a moi bo nivel. Ao rematar estes dous anos fichou polo Numancia de Soria, tamén na división de prata.[1]

No verán de 2006 fichou polo Racing de Ferrol, acadando o ascenso a Segunda no seu primeiro ano. Porén, o club verde só aguantou un ano nesta categoría. Pese á titularidade e ao bo nivel mostrado en Ferrol as continuas lesións lastraron o seu potencial, en especial unha rotura dos ligamentos cruzados no seu segundo ano.[2] Isto levouno a anunciar a súa retirada en 2009 para preparar as oposicións a mestre de educación física de Educación Secundaria.

Coa selección de fútbol

[editar | editar a fonte]

No ano 2005 foi convocado para disputar o primeiro encontro da Selección galega moderna, ante a Selección do Uruguai no estadio de San Lázaro, encontro que gañou Galiza por 3-1.

  1. "Corredoira es el segundo fichaje y busca entrenador". As (en castelán). 21 de xuño de 2005. Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  2. Vázquez, J. (9 de agosto de 2007). "Corredoira estará siete meses de baja por lesión". Marca (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]