Francisco Crespo Rivas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Morte | 29 de abril de 1947 |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Maximino Crespo Rivas |
Francisco Crespo Rivas, finado en Redondela o 29 de abril de 1947, foi un impresor, xornalista e escritor galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborou na prensa. Propietario da Imprenta de Villavieja de Redondela, xunto con Serafín Reboredo Blanco foi fundador de El Pueblo, do que foi director. Foi procurador e fiscal municipal de Redondela (1920-1928). En 1915 promoveu un Sindicato Agrícola Católico. Foi amigo e confidente de Casto Sampedro Folgar.
Os seus restos repousan nun mausoleo no camposanto dos Eidos de Redondela.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tres cosas gallegas. 1º El ganado gallego. 2º La emigración gallega. 3º La agricultura gallega. Ponteareas, Imprenta Montero.
- Defensa de la ganadería gallega.
- Redondela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 22. ISBN 84-8302-720-8.