Saltar ao contido

Francisco Esmorís Recamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Esmorís Recamán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Fisterra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX6252309

Francisco Esmorís Recamán, nado en Corcubión o 15 de outubro de 1893 e finado en Fisterra o 24 de marzo de 1967[1], foi un médico e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921, e tamén fixo estudos de Maxisterio. Traballou como médico da mariña civil e a bordo dun vapor inglés, e desde 1924 foi médico en Fisterra, onde tamén daba clases.

Foi patrón maior da confraría de pescadores e membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Foi un grande estudoso da historia de Fisterra. Foi condecorado coa Medalla da Orde Civil de Sanidade por diversos estudos sobre o tifo.

  • Refranero Fisterrán
  • San Guillermo y su ermita
  1. Alonso Estraviz, I. (2011). Santos Júnior e os intelectuais galegos. Ponte Caldelas: Fundaçom Meendinho. p. 766. ISBN 978-84-615-1687-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]