Francisco Fernández Cervera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 6 de xullo de 1961 ![]() |
Francisco Fernández Cervera, finado en Cangas o 6 de xullo de 1961,[1] foi un industrial conserveiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono da fábrica de conservas La Montañesa de Cangas. Unha das súas marcas gañou a medalla de ouro na Exposición Internacional de Barcelona de 1930.[2] Foi secretario da Unión de fabricantes de conservas de Galicia en 1935.[3] Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Cangas.[4] En 1930 foi proclamado concelleiro polo grupo de maiores contribuíntes.[5] Finou en Cangas con 84 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Sebastiana González Núñez e foi pai de Antonio, Francisco, Pilar, César, José e María Fernández-Cervera González.