Saltar ao contido

Francisco Fernández García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Fernández García
Biografía
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Francisco Fernández García, coñecido como Pedrosa, nado cara 1865, foi un mestre, político e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tipógrafo e mestre, pertenceu á Masonería. Republicano, a partir de 1890 coverteuse nun activista socialista, sendo elixido presidente da Agrupación Socialista de Ferrol en 1891. En febreiro de 1892 acompañou a Pablo Iglesias Posse na súa xira por Galicia. Foi elixido concelleiro de Ferrol en maio de 1895, o primeiro concelleiro socialista de Galicia. Dirixiu El Obrero, polo que foi procesado por ataques ao goberno en 1897[1], La Voz del Obrero, El Progreso, e foi redactor e director de El Clamor Público na súa segunda etapa (1899-1901). Escribiu a obra de teatro Pretensiones de un burgués, que foi representada nunha festa obreira celebrada no Teatro Romea en marzo de 1896. En 1906 emigrou a Buenos Aires, onde se perde a súa pista.

  1. El Correo Gallego, 15-12-1897, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]