Francisco Figueras Pacheco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1880 ![]() Alacant, España ![]() |
Morte | 21 de marzo de 1960 ![]() Alacant, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Alicante ![]() |
Educación | Universidade de Valencia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor ![]() |
![]() |
Francisco Figueras Pacheco, nado en Alacant o 13 de decembro de 1880 e finado o 21 de marzo de 1960, foi un home de letras español e cronista da cidade de Alacant.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Valencia en 1907, obtendo o doutoramento pola Universidade de Madrid en 1910. En 1909 conseguiu o nomeamento de Cronista Oficial da Cidade de Alacant, cargo que ostentou até a súa morte en 1960. Durante os anos 1934 e 1936, foi tamén o director das escavacións arqueolóxicas do Tosal de Manises, na Albufereta alicantina. Ao longo da súa vida, foi membro de diversas Academias e Institucións culturais de ámbito estatal e local, como a Real Academia da Historia.
Os seus ensaios e estudos adoitaron versar sobre temas relacionados con Alacant, principalmente sobre arqueoloxía de distintos lugares da provincia, dereito consuetudinario e costumismo. Destacan, sobre as súas obras non literarias, Los antiguos gremios de la ciudad de Alicante; Alicante y su folclore (1955); Historia del Turrón y prioridad de los de Jijona y Alicante (1955); Dos mil años atrás (1959); ou a súa monumental Geografía de la provincia de Alicante (1914).
No eido da ficción, escribiu as obras literarias Improntas levantinas, La Deidad del Sol e Volutas de Fuego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vicente Gascón Pelegrí. Prohombres valencianos en los últimos cien años, 1878-1978. València. Caixa d'Estalvis de València, 1978. ISBN 84-500-2630-X