Francisco Franco Calvete
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() O Grove, España ![]() |
Morte | 1931 ![]() O Grove, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empregado, dramaturgo ![]() |
Descrito pola fonte | Diccionario de escritores en lingua galega ![]() |
![]() |
Francisco Franco Calvete, nado no Grove en 1903 e finado no mesmo lugar en 1931, foi un ordenanza de telégrafos e escritor de teatro galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procurou incorporar ós escenarios a zarzuela con letra en galego.[2] Creou entre 1928 e 1930[1] "O señor feudal ou ¿Quen matou o Meco?", que representa a lenda do Meco,[3][4] obra teatral en prosa e catro actos, á que o músico e director de orquestra José Besada Domínguez lle compuxo a música.[1] A primeira representación, a cargo da Agrupación Artística Minerva, da que Franco Calvete formou parte,[5] realizouse tralo seu pasamento[6] o 5 de marzo de 1931 no Teatro Besada.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia humilde no barrio do Montiño, no Grove. Foi fillo de Ricardo Franco Domínguez, canteiro, e de Josefa Calvete Otero, dedicada ás terefas do fogar. Seu irmán Ricardo foi carteiro, afeccionado á fotografía, foi talvez o primeiro fotógrafo que houbo no Grove. Seus irmáns Ricardo e mais Emilio, ó igual ca el, faleceron con menos de trinta anos.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Grove%2C_r%C3%BAa_Francisco_Franco_Calvete_01b.jpg/250px-Grove%2C_r%C3%BAa_Francisco_Franco_Calvete_01b.jpg)
O concello do Grove nomeou unha rúa no barrio do Montiño na súa honra por pedimento de Manuel Lueiro Rey en abril de 1983.[1] De igual xeito o concello do Grobe creou o Premio de Textos Teatrais Franco Calvete no ano 2014.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Meis Durán, Francisco (23-05-2021). "Francisco Franco Calvete". Todogrove (Fecebook). Consultado o 29-12-2024.
- ↑ Fernandez del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Galaxia.
- ↑ Alfonso, M. (08-11-2015). "O Grove desafía la maldición de O Meco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29-12-2024.
- ↑ "El meco vuelve a morir, pero ahora sobre un escenario". Faro de Vigo (en castelán). 04-11-2015. Consultado o 29-12-2024.
- ↑ "Grove. Necrología" (PDF). Noticiario gallego. Galicia (en castelán). 01-03-1931. p. 7. Consultado o 29-12-2024.
- ↑ Alfonso, M. (26-04-2015). "El autor maldito del teatro del Meco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29-12-2024.
- ↑ "Un certamen de textos teatrales honra a Franco Calvete". Diario de Arousa (en castelán). 03-07-2014. Consultado o 29-12-2024.