Francisco Fulgosio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Javier Fulgosio y Villavicencio 12 de agosto de 1799 Ferrol, España |
Morte | 21 de setembro de 1848 (49 anos) Burgos, España |
Gobernador civil da provincia de Barcelona | |
28 de xullo de 1844 – 27 de xaneiro de 1845 ← Francisco de Paula Lillo Cifuentes (en) – José María de Gispert (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Garda Real |
Familia | |
Fillos | Fernando Fulgosio Carasa |
Irmáns | José Fulgosio Dámaso Fulgosio |
Premios | |
Francisco Javier Fulgosio e Villavicencio, nado en Ferrol o 12 de agosto de 1799 e finado en Burgos o 21 de setembro de 1848, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do militar Francisco Fulgosio e de María del Carmen Villavicencio, foi irmán dos tamén militares Fernando, Dámaso e José Fulgosio, e pai do escritor Fernando Fulgosio.[1]
En 1808 era paxe do rei e ingresou no exército en 1816, cando o nomearon capitán de Infantaría e segundo tenente de gardas valoas sen antigüidade. Durante o golpe de Estado de Fernando VII (7 de xullo de 1822) era tenente coronel de Infantaría e estaba en Cádiz, pero ao chegar a Madrid o seu rexemento xa capitulara; obtivo o grao de coronel e foi licenciado. Emigrou a Francia; Carlos O´Donnell nomeouno capitán da sexta compañía do batallón de granaderos e con el entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís en 1823 até Andalucía; recoñecéronlle o grao de tenente de granaderos o 14 de maio de 1824, e o de capitán o 14 decembro e déronlle a Cruz de primeira clase de San Fernando o 28 de xaneiro de 1830; foi nomeado segundo comandante da Garda Real o 13 de marzo de 1830.
O 28 de xaneiro de 1833 foi licenciado e enviado a Cuenca, de onde fuxiu xunto con Juan Romagosa; foi a Alxeciras e a Portugal e incorporouse ás filas carlistas o 10 de outubro de 1833. En maio de 1836 pediu o grao de brigadier aducindo que logrou que en Etxarri Aranatz (1834) desertasen máis de cen homes do 1.º da Garda de Infantaría ás filas de don Carlos; baixo o mando de Gómez derrotou ao xeneral cristino Narciso López en Malillas (Guadalaxara). Xa co grao de brigadier foi un dos asinantes do Convenio de Bergara polo que se puña fin á Guerra carlista do Norte, xunto co seu irmán o coronel José Fulgosio.
En 1844 foi nomeado xefe político da deputación de Barcelona, cargo no que tentou aplacar os obreiros de forma non violenta creando unha comisión negociadora. En 1846 era mariscal de campo e comandante xeral de Málaga e recibiu a cruz da Orde de Carlos III. Morreu o 21 de setembro de 1848 cando era capitán xeral de Burgos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fulgosio, Fernando (1865). "La excma. señora doña María del Carmen Villavicencio de Fulgosio (Recuerdos de la vida de una madre)". Escenas Contemporáneas (I): 33–38.