Francisco García Olano
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1870 Mondoñedo, España |
Morte | 21 de agosto de 1933 (62 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Francisco García Olano nado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1870 e finado en Buenos Aires o 21 de agosto de 1933, foi un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Venancio García, canteiro de Quireza que casou en Vilalba con Guadalupe Olano, establecéronse en Mondoñedo. Emigrou a Buenos Aires en 1887 e estableceuse como comerciante. Foi nomeado síndico do Banco de Galicia en 1905. Foi presidente do Centro Gallego de Buenos Aires de 1923 a 1926. Durante a súa presidencia conseguiuse o terreo para o panteón do cemiterio da Chacarita e creou a Farmacia Social.[1] Finou en Buenos Aires o 21 de agosto de 1933.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Francisco García Olano.