Francisco García Paramés
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1963 (60 anos) Galicia, España |
Educación | IESE Business Schoo |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía, fundo de investimento (pt) , property management (en) , Acción e financial policy (en) |
Ocupación | xestor de investimentos |
Francisco García Paramés, nado na Coruña o 22 de decembro de 1963, é un investidor privado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun enxeñeiro da Bazán, orixinario de Covas, marchou aos 3 anos vivir a Madrid. Licenciouse en Economía pola Universidade Complutense e obtivo un MBA, na IESE, o centro de formación en dirección de empresas da Universidade de Navarra. En 1989 incorporouse a Bestinver, unha sociedade de investimento española pertencente á multinacional Acciona, onde estivo traballando durante máis de dúas décadas e da que chegou a ser CEO. A súa estratexia de investimento é o investimento en valor e é seguidor da escola austríaca. En 2014 abandonou Bestinver e en 2016 lanzou a súa propia firma de investimento (Cobas AM).