Francisco González
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1944 ![]() Chantada, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - ciencia política, ciencias empresariais ![]() |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro, empresario ![]() |
Empregador | Argentaria (en) ![]() Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (1999–) ![]() |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
17 de xaneiro de 2017 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 |
20 de xaneiro de 2016 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 |
21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 ![]() |
![]() |
Francisco González Rodríguez, nado en Chantada o 19 de outubro de 1944, é un banqueiro galego. Desde o mes de xaneiro de 2000 é o presidente do BBVA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.[1] Iniciou a súa carreira profesional en 1964 e anos despois fundou a sociedade de valores FG Investimentos Bolsistas, que se converteu na primeira firma bolsista independente de España e que foi adquirida posteriormente por Merrill Lynch.
Francisco González é tamén corredor de comercio (número un da promoción de 1980)[1] e axente de cambio e bolsa da Bolsa de Madrid. Foi membro da Comisión Executiva da Bolsa de Madrid e da Comisión Executiva de Bancoval.
Foi presidente da maior sociedade bancaria pública española, Argentaria de 1996 a 1999. Nesa época liderou a integración, transformación e privatización dun grupo moi diverso de bancos públicos. Durante este período foi tamén membro do consello de administración de Endesa, do Banco Hipotecario de España, do Banco Exterior de España, da Caixa Postal e do Banco de Crédito Local. A partir de 2000, e grazas á fusión co Banco Bilbao Vizcaya, converteuse no presidente da sociedade resultante.
Outros cargos
[editar | editar a fonte]Francisco González é presidente da European Financial Services Roundtable (EFR) e membro do consello do Institute for International Finance (IIF), do Institut Européen d'Études Bancaires (IIEB), do consello do Capital Markets Consultative Group do FMI, do consello da International Monetary Conference, do Global Advisory Council de The Conference Board, e do comité asesor internacional da Reserva Federal de Nova York.
Tamén é presidente da Fundación BBVA e patrón da Cruz Vermella, a Fundación de Axuda contra a Drogadicción, a Fundación Víctimas del Terrorismo, o Museo Guggenheim de Bilbao, o Museo de Belas Artes de Bilbao, a Fundación Príncipe de Asturias, o Real Instituto Elcano, a Fundación Carolina, o ESADE, a FEDEA, a Fundación de Estudos Financeiros, o Instituto de Estudos Económicos e o Institut Europeu da Mediterránia.
En setembro de 2018, Francisco González anunciou que dimitiría en decembro e que sería relevado no cargo polo seu número dous, Carlos Torres Vila.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Francisco González". bbva.com. Consultado o 08-11-2018.
- ↑ Larrouy, Diego (26-09-2018). "Francisco González: se jubila el banquero que privatizó Argentaria por orden de Aznar". eldiario.es. Consultado o 03-11-2018.
- ↑ "Carlos Torres sustituirá a Francisco González en la presidencia del BBVA". lavanguardia.com. 26-09-2018. Consultado o 03-11-2018.