Francisco González Amadiós
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1924 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 6 de abril de 1997 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | economista, político ![]() |
![]() |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco González (homónimos).
Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1997, foi un economista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco González Garra. Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi o candidato número cinco do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.[1] Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marisa Pérez, filla de Telmo Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 10-5-1977, p. 23.