Francisco González Estévez
Francisco González Estévez, nado en Córgomo[1] (Vilamartín de Valdeorras) en 1820 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1879, foi un lutier e inventor[2] galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1820 Córgomo, España |
Morte | 29 de decembro de 1879 (58/59 anos) |
Actividade | |
Ocupación | lutier |
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Madrid en 1835, segundo algunhas fontes, ou en 1849 segundo outras[1], e xa en 1850 figuraba no censo como guitarrero[3], mestre construtor de guitarras. Facía distintos instrumentos musicais de corda e madeira, fundamentalmente guitarras, pero tamén bandurrias, mandolinas ou violíns, Estableceu o seu obradoiro de luthier en Madrid, primeiro na rúa de Toledo[2] e logo na céntrica carreira de San Xerome[3].
Recibiu a medalla de Primeira clase na Exposición Universal de París, en 1867[3], e tamén pola Sociedad Matritense en 1866 e na exposición de Zaragoza de 1868[2]. Logo do seu falecemento, as tres fillas que tivo continuaron o negocio e chamáronlle ao obradoiro "Hijos de González", a pesar de seren todas mulleres; a firma foi unhas principais marcas de construción de instrumentos musicais de España.
Discípulo seu foi José Ramírez, que tamén acabou por comezar unha saga de ilustres lutieres de guitarras españois[4].
Foi internado no hospital xeral de Madrid, onde faleceu de pneumonía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rei Samartim, Isabel. "As guitarras de Cee. Francisco e Concepción González". Mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 2023-11-11.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Consulta sobre Guitarra González 1935 [Modo de texto] - Guitarra.Artepulsado". guitarra.artepulsado.com. Consultado o 2023-11-11.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Guitarra Hijos de González S.XIX: Descifrando el misterio". Solera Flamenca (en castelán). 2023-02-14. Consultado o 2023-11-11.
- ↑ "Descubre la historia de José Ramírez I". Guitarras Ramírez (en castelán). Consultado o 2023-11-11.