Francisco I de Francia
Francisco I de Francia, nado en Cognac o 12 de setembro de 1494 e finado en Rambouillet o 31 de marzo de 1547, foi rei de Francia desde o 25 de xaneiro de 1515 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É considerado como o monarca emblemático do renacemento francés. O seu reinado permitiu o desenvolvemento das artes e as letras en Francia. No plano militar e político, o seu reinado está cheo de guerras e importantes acontecementos diplomáticos. Tivo como rival ó rei Carlos I e debeu contar cos intereses diplomáticos do rei Henrique VIII sempre desexoso de posicionarse como aliado dun ou doutro bando. Francisco tivo éxitos e fracasos, porén non permitiu ó seu inimigo imperial concretar os seus soños, cuxa realización comprometería a integridade do reino.
Os esforzos dos dous soberanos católicos en combaterse o un ao outro provocaron pesadas consecuencias para a Europa cristiá ó permitir que o Imperio Otomán ocupara case a metade do Reino de Hungría e chegase ás portas de Viena.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisnco I, no web Histoire en ligneArquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en francés)
- Biografía de do monarca en "renaissance-france.org" (en francés)