Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1726 Vila Viçosa, Portugal |
Morte | 6 de febreiro de 1780 (53 anos) Madrid, España |
Cargos Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola Embaixador en España | |
Datos persoais | |
Q89547790 | Fundador da cidade de Novo Redondo (hoxe Sumbe), en Angola |
Actividade | |
Ocupación | Militar, diplomático e administrador colonial portugués |
Empregador | Reino de Portugal |
Familia | |
Fillos | Rodrigo de Sousa Coutinho Domingos António de Sousa Coutinho Francisco Maurício de Sousa Coutinho José António de Meneses e Sousa Coutinho |
Pais | Rodrigo de Sousa Coutinho e Maria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim |
Lista
|
Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, nado en Vila Viçosa (distrito de Évora, Alentexo) o 28 de decembro de 1726, e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1780, foi un militar, diplomático e administrador colonial portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ocupou varios postos militares no Reino de Portugal, e despois exerceu o cargo de Gobernador e de Capitán Xeneral no Reino de Angola entre 1764 e 1772, sucedendo a António de Vasconcelos e sendo sucedido por António de Lencastre.[1][2][3]
O 7 de xaneiro de 1768, sendo Gobernador de Angola, Sousa Coutinho ordenou a unha brigada de enxeñeiros que elixise o lugar onde se instalaría unha fortaleza-presidio, a que lle deu o nome de Novo Redondo, o que representou a fundación da cidade hoxe coñecida como Sumbe.[4]
Despois de deixar o Goberno de Angola foi nomeado embaixador en España, falecendo no exercicio das súas funcións.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Era fillo de Rodrigo de Sousa Coutinho, vedor da Casa Real, e de Maria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim.
Foi pai de Rodrigo de Sousa Coutinho, primeiro conde de Linhares; de Domingos António de Sousa Coutinho, primeiro conde e marqués do Funchal; de Francisco Maurício de Sousa Coutinho, Gobernador Xeral da Capitanía do Grão-Pará (Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves), e de José António de Meneses e Sousa Coutinho, membro do Consello de Rexencia do Reino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rulers.org - Angola
- ↑ worldstatesmen.org - Angola
- ↑ John Stewart (2006): African States and Rulers 3ª ed. Jefferson, Carolina do Norte, USA. ISBN 978-0-7864-2562-4.
- ↑ Sumbe - Imenso potencial turístico Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Austral, Revista de Bordo da TAAG/SAP Viajar, 3 de novembro de 2010.