Francisco Javier Mugartegui Parga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 1884 ![]() Pontevedra, España ![]() |
![]() | |
26 de abril de 1881 – 1884 ← Evaristo Pérez de Castro Brito – Ramón Romero López Vázquez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político ![]() |
Francisco Javier Mugártegui Parga, nado en Pontevedra e finado no mesmo concello en 1884,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co seu irmán Román Mugártegui Parga presentou en 1854 un proxecto para o desecamento da lagoa de Antela. En asociación con Toribio Iscar Sáez obtiveron a concesión para desecar en 1868, pero as obras foron paralizadas pola oposición veciñal. Vinculado ao Partido Conservador, foi deputado provincial. O 26 de abril de 1881 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra.
Predecesor: Evaristo Pérez de Castro Brito |
![]() Presidente da Deputación de Pontevedra 1881 - 1884 |
Sucesor: Ramón Romero López Vázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia de España, 5-6-1884, p. 2.