Saltar ao contido

Francisco Javier Vinjoy Valea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Javier Vinjoy Valea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Alcalde de Castropol
2019 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata

Facebook: franciscojavier.vinjoyvalea Instagram: franciscovinjoy LinkedIn: francisco-javier-vinjoy-valea-0173b5112 Editar o valor em Wikidata


Francisco Javier Vinjoy Valea, nado o 5 de maio de 1965, é un profesor e político asturiano, alcalde de Castropol desde 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de ensino secundario, foi nomeado funcionario de carreira en 1993 e traballou como orientador profesional no IES Galileo Galilei de Navia.[1][2]


Nas eleccións do ano 2019 conseguiu a alcaldía con maioría absoluta encabezando a listo do PSOE, sendo investido o 15 de xuño,[3] e renovando no 2023 con Castropol Avante (agrupación que el mesmo impulsou)[4] gobernando en minoría. Presentouse en 2023 ás eleccións como cabeza de Castropol Avante tras ser derrotado por un só voto nas primarias do partido socialista de Castropol fronte a Arturo Álvarez, e denunciar irregularidades na lista gañadora. A raíz diso, a organización do partido convocou novas eleccións tras anular as anteriores. A esas novas eleccións non se presentou, impulsando Castropol Avante.[5] No 2019 fora el quen ganara as primarias fronte a María Teresa Dorado.[6] Representa Castropol na Federación Asturiana de Concejos.[7]


É afeccionado ó xadrez.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]