Francisco Lloréns
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1874 A Coruña, España |
Morte | 11 de febreiro de 1948 (73 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Educación | Real Academia de España en Roma |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Eva Lloréns Rodríguez |
Premios | |
Francisco Lloréns Díaz, nado na Coruña o 10 de abril de 1874 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1948, foi un pintor paisaxista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o menor de tres irmáns, fillo de industrial catalán e nai galega. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi alumno de Román Navarro. En 1892 trasladouse á Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde tivo como profesor ao belga Carlos de Haes. Copiou obras de Velázquez, Murillo e Rubens, completando a formación, dende 1893, no taller de Joaquín Sorolla, de quen aprendeu a paixón pola luz na paisaxe. Alí coñeceu a outros pintores como Josep Benlliure i Gil ou Manuel Benedito Vives.
En 1902 viaxou de bolseiro a Roma, pasando por Barcelona, onde coñeceu a Ramon Casas, Santiago Rusiñol, Antoni Gaudí e Enric Galwey. Na capital de Italia residiu catro anos e publicou as súas impresións no xornal coruñés El Noroeste, asinando Sor Checco.
En 1903 percorreu París (onde quedou seducido por Paul Cézanne e o impresionismo) os Países Baixos e Bruxas, onde residiu preto dun ano antes de tornar a Italia e, en 1906 á Coruña, onde asistía con frecuencia aos faladoiros da súa amiga Emilia Pardo Bazán no pazo de Meirás.
Exerceu con mestría o cartelismo. Chegou a facer propaganda para o Deportivo da Coruña, tomando como modelos as damas da alta sociedade.
En 1943 foi nomeado académico numerario da Real Academia de San Fernando e catedrático de paisaxe. Dedicáronlle artigos Wenceslao Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, e foi designado académico de honra da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Poden contemplarse obras súas, entre outros, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1918 con Eva Rodríguez, de quen enviuvou en 1925, quedando con dúas fillas, unha delas Eva Lloréns Rodríguez.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. Lloréns é o oitavo pola esquerda
-
Lloréns, fotografía en Vida Gallega en 1922.
-
Busto na casa da cultura de Sada
-
Placa da rúa dedicada na Coruña.
-
Tumba de Francisco Lloréns no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Lloréns |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lloréns Díaz, Francisco". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 229.
- "Lloréns Díaz, Francisco". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. VG 930-97.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 220–221. ISBN 84-7231-603-3.
- ——— (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. ISBN 84-85858-06-9.
- ——— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 53. ISBN 84-95364-15-8.
- Travieso Mougán, Javier et al., "LLORÉNS, Francisco", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Eva Lloréns Rodríguez (filla).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco Lloréns na Colección Afundación.
- Obra de Llorens no Museo de Belas Artes da Coruña.
- "150 anos de Lloréns, un pintor da xeración Triunfante na RAG" 9/4/2024. Real Academia Galega.