Francisco López Carballo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 5 de agosto de 1992 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
![]() | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
1964 – 1974 ← Ángel Porto Anido – Antonio Castro → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | pintor, político, mestre ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Pilar Fernández ![]() |
Pai | Juan Luis ![]() |
Premios | |
![]() |
Francisco Luis López Carballo, nado en Santiago de Compostela en 1920 e finado o 5 de agosto de 1992, foi un pintor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do pintor Juan Luis. Foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro (1950)[1], na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e despois alcalde de Santiago de Compostela (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes (1967-1970) como representante dos concellos da provincia da Coruña. Baixo o seu mandato, a corporación municipal promoveu a derruba do coñecido Edificio Castromil, que se materializou baixo o mandato do seu sucesor Antonio Castro, a pesar das numerosas protestas de arquitectos e da prensa da época (a excepción do xornal local, El Correo Gallego)[2]. Foi académico de número da RAGBBAA.[3]
Predecesor: Ángel Porto Anido |
![]() Alcalde de Santiago 1964 - 1974 |
Sucesor: Antonio Castro García |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 1965 foille concedida a Cruz ao Mérito Naval de terceira clase.
- En 1975 foille concedida a Gran Cruz de Afonso X o Sabio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Homenaje a un joven artista". El Pueblo Gallego. 30 de xullo de 1950. p. 5.
- ↑ Pintos Barreiro, Mercedes Gualteria. A lume lento. Cen anos de hostelería en Compostela. Domingo García-Sabell (limiar). Consorcio de Santiago. p. 67-69. ISBN 84-921371-9-3.
- ↑ Real Academia Gallega De Bellas Artes De Nuestra Señora del Rosario. (pdf)