Saltar ao contido

Francisco María Rivas Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco María Rivas Taboada
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Siador, España Editar o valor en Wikidata
Morte1874 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Silleda
1865 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosElías Vicente Rivas Martínez Editar o valor en Wikidata

Francisco María Rivas Taboada Baamonde, nado en Siador (Silleda) e finado en 1874, foi procurador e alcalde do concello de Chapa, o que hoxe é Silleda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Propietario do pazo de Sestelo, na parroquia onde naceu, promoveu a creación do Santuario da Virxe da Saleta, converténdose no primeiro en toda España baixo esta advocación. En 1863 encargoulle unha imaxe da virxe ao escultor santiagués Magariños, que foi trasladada a ombreiros desde Compostela ata o seu pazo, onde permaneceu ata o ano seguinte, cando se traslada ao santuario, xa construído este.[1] Foi alcalde de Chapa en 1856 e 1865.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Martínez Núñez e foi pai de Elías Vicente Rivas Martínez e avó de Narciso Rivas Martínez, o primeiro xuíz municipal en Silleda e o segundo alcalde de Ourense.

  1. "Roberto Rivas cede ao Concello de Silleda valiosa información sobre a historia do municipio e da Saleta". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013.