Francisco Narla
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (46/47 anos) Friol, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, aviador |
Francisco Javier Fernández Vázquez, máis coñecido como Francisco Narla,[1] nado en Friol en 1978, é un piloto e escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Friol e ao longo da súa vida residiu en Santiago de Compostela, Madrid, Os Ánxeles e Barcelona.
Entre as súas publicación atópanse relatos, poesía e textos sobre areodinámica aplicada, relacionado coa súa profesión, piloto profesional dunha aeroliña[2]. En 2009 publicou a súa primeira novela Los lobos del centeno[3].
Exerce tamén como orador en diferentes foros, como centros universitarios ou programas de radio e televisión: Cuarto milenio, El guardián de la noche ou Milenio. Comprometido tamén coa defensa da cultura en proxectos como Lendaria, destinado a recuperar, protexer e divulgar a tradición máxica de Galicia.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- Los lobos del centeno (2009). Barcelona. Ed. Edhasa. Ed. aumentada en 2019: 256 páxs., ISBN 978-84-350-6337-1, ilustracións de María Teresa Ramos Chao. Versión en galego en 2010.
- Caja negra (2010). Alberto Santos Editor. 320 páxs. ISBN 978-84-95070-94-4. Novela negra con asasinos en serie, enigmas...
- Assur (2012). Barcelona. Ed. Edhasa. 864 páxs. En 2020: ISBN 9788435063425. Unha epopea viquinga na Reconquista.
- Rōnin. La venganza del samurai azotado por el viento (2013). Barcelona. Ed. Edhasa. 792 páxs. En 2021: ISBN 978-84-350-6228-2. No Xapón no ano 1600...
- Donde aúllan las colinas (2015). Booket. 272 páxs. ISBN 978-84-08-17258-1. Hispania, século I a.c. Xulio César enfróntase ao seu peor inimigo.
- Onde ouvean os montes (2024). Allariz: Aira Ed. 192 páxs. ISBN 978-84-127695-8-6.
- Laín. El bastardo (2018). Barcelona. Ed. Edhasa. 768 páxs. ISBN 978-84-350-2185-2. Martín Códax conta a historia de Laín, o bastardo de San Paio nos tempos do rei Afonso X: Galicia, os Pireneos, Venecia, Palestina...
- Balvanera. La puta beata, el fraile descreído, el indio cojo y el hideputa honrado (2022). Barcelona. Ed. Edhasa. 672 páxs. ISBN 9788435063630. Intento de roubo na frota de Indias, aventuras na Nova España.
- Breo. El celta que desafió a Roma (2023). Barcelona. Ed. Edhasa. 624 páxs. ISBN 9788435064194.
- Breo. O celta que desafiou a Roma (2023). Allariz: Aira Ed. 472 páxs. ISBN 978-84-126649-5-9.[5] Tradución de César Lorenzo Gil.[6]
- El buen vasallo (2024). Grijalbo. 720 páxs. ISBN 9788425368547
- O bo vasalo (2024). Allariz: Aira. 536 páxs. ISBN 978-84-128837-6-3
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Canon de performance: masa y centrado, y planificación de vuelo (2012). Ed. Paraninfo. 864 páxs. ISBN 9788428332477. Desenvolvemento dos principios básicos da aerodinámica, a aplicación práctica...
- De hombres y ríos. Los secretos de la selección española (2021). Barcelona. Ed. Edhasa. 480 páxs. ISBN 978-84-350-6528-3. O segredos da selección española. nos campionatos mundiais FIPS-Mouche, pesca a mosca.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Pil-pil y lacón con grelos (2021). Literarte. Gastronomía e restauración vasca e galega.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2018: Premio Edhasa de Narrativas Históricas por Laín. El bastardo .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:f". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ Entrevista co autor en La Voz de Galicia o 16 de xaneiro de 2009. (en castelán)
- ↑ Entrevista co autor en El Progreso.
- ↑ "Francisco Narla Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Breo. O celta que desafiou a Roma". Aira Editorial. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ X.M.F (2023-06-08). "Presentación literaria de 'Breo. O celta que desafiou a Roma'". Xornal de Lemos. Consultado o 2023-07-28.