Francisco Otero Besteiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1933 O Corgo, España |
Morte | 21 de maio de 1994 (61 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor |
Francisco Otero Besteiro, nado no Corgo o 3 de marzo de 1933 e finado en Madrid o 21 de maio de 1994, foi un escultor, debuxante e deseñador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de arte en Galicia e máis tarde trasladouse a Madrid, onde ingresou en 1947 na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Celebrou a súa primeira exposición no Museo de Arte Moderna de Madrid.
En 1960, obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para estudar en Roma. Posteriormente afianzou os seus coñecementos na École des Beaux-Arts para volver a Madrid, onde fixou a súa residencia. A mediados da década de 1980 dedicouse a crear unha colección de xoias-escultura que se expuxo en 1989 no mercado Puerta de Toledo de Madrid e que supuxo a súa derradeira exposición.[1]
Faleceu aos 61 anos de idade por mor dunha doenza cardíaca. Os seus restos foron trasladados ao Corgo para seren enterrados nunha tumba-mosca que construíra en 1976.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Foi unha personaxe peculiar apaixonada da filosofía e grande admirador das persoas dedicadas á investigación científica e en especial á medicina. Home de gran sensibilidade artística, procurando sempre novas formas de expresión, conseguiu reunir unha obra persoal, diversa e sorprendente, mesmo realizando inventos para solucións cotiás.
Realizou esculturas monumentais de animais feitas principalmente en bronce, granito e mármore, cerámicas, xoias en ouro e prata, acuarelas e debuxos.
A súa obra está presente no Museo de Arte Moderna de Madrid e no Museo Carlos Maside e foi recoñecido por grandes escritores e críticos da época, como Francisco Umbral e Camilo José Cela, que opinaba que "as formas de Otero Besteiro están por riba da anécdota e da representación, e a un lado da materia e das tendencias".[3] Foi distinguido coa medalla da Bienal de Alexandría.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Cora, José (2019-04-02). "Francisco Otero Besteiro". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-04-02.
- ↑ "Fallece a los 61 años el escultor Otero Besteiro". El País (en castelán). 1994-05-22. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-02.
- ↑ Corredoira, Pilar. "Francisco Otero Besteiro, a la espera de nuevas relecturas". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-02.
- ↑ "OTERO BESTEIRO - Afundación". afundacion.org. Consultado o 2021-04-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Otero Besteiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada (1981). Plástica gallega. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 384–385. ISBN 84-7231-603-3.
- Rodríguez, María José. "Otero Besteiro. El inagotable reto de la creación". Correo del arte: revista mensual de las artes plásticas. ISSN 0213-7690, n.º 81 (xullo-setembro, 1991). p. 32-33
- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Otero Besteiro, Francisco" Afundación. Obra social Abanca.
- Recompilación de bibliografía relativa a Francisco Otero Besteiro