Francisco Porto Mella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1925 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de xullo de 2012 (86 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Formación profesional | Licenciado en Dereito |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista, honorary consul (en) , avogado |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Alianza Francesa |
Familia | |
Cónxuxe | María do Socorro Ortega Romero |
Fillos | Rosario Porto Ortega |
Parentes | Asunta Basterra Porto, neta Alfonso Basterra Camporro, xenro |
Premios | |
Francisco Porto Mella, nado o 18 de decembro de 1925 en Santiago de Compostela,[1] e finado o 26 de xullo de 2012 na mesma cidade, foi un avogado galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Porto Mella licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.[1]
Ademais de exercer a avogacía en Santiago, no seu despacho Porto Abogados, foi profesor de Dereito mercantil na USC, asesor xurídico do Concello de Santiago de Compostela e presidente da Alianza Francesa de Santiago.[1] Até 1997 foi cónsul honorario de Francia en Santiago, cargo que exerceu durante 30 anos.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa catedrática de Historia da Arte María do Socorro Ortega Romero e foi pai da avogada Rosario Porto, famosa por asasinar en 2013 xunto ao seu marido Alfonso Basterra á súa filla Asunta nun dos crimes con máis sona nos medios da historia de Galicia.[4]
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio extraordinario de Licenciatura.[1]
- Palmas Académicas de Francia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Porto mella, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 458. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Francisco Porto Mella Necrolóxica en rememori.com
- ↑ "Si Asunta hubiera crecido en Yongzhóu…". Galicia Única (en castelán). 6 de novembro de 2015.
- ↑ "Charo Porto, en una lista negra de 500 cónsules con historial delictivo". El Correo Gallego (en castelán). 20 de novembro de 2022. Consultado o 6 de decembro de 2022.