Francisco Prego Campos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 A Coruña, España |
Morte | 31 de agosto de 1936 (43/44 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Francisco Prego Campos, nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un futbolista, remeiro, funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como funcionario do Concello da Coruña dende 1915 e despois como xefe de negociado. Foi secretario da directiva do coro Cántigas da Terra, futbolista do Real Club Coruña e patrón de traiñeiras.[1][2] Na República afiliouse ao Partido Republicano Gallego e foi secretario da xunta do distriro primeiro da Coruña,[3] despois pasou a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Manuel Guzmán García, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1919 con Obdulia de la Colina Calzada, coa que tivo dous fillos: Francisco e Luisa.[5][2]