Francisco Salgado López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Salgado López-Quiroga 1859 Monterroso, España |
Morte | 8 de novembro de 1940 (80/81 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, xuíz, escritor |
Familia | |
Irmáns | Antonio Salgado López |
Francisco Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1859 finado na Coruña o 8 de novembro de 1940, foi un avogado, xuíz, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Antonio Salgado López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884), dirixiu La Prensa Gallega de Santiago de Compostela en 1885. Comezou a exercer como avogado no Xulgado de Chantada. En 1890 aprovou as oposicións á xudicatura, e tivo o seu primeiro destino en Salas de los Infantes (Burgos). Foi xuíz en Callosa d'en Sarrià (Alacant) en 1902, e despois en Cambados e Pontedeume; foi fiscal da Audiencia de Ourense (1916-1924) e fiscal da Audiencia Territorial da Coruña (1924-1927). Publicou poemas en La Región, Vida Gallega e El Eco del Ulla. Utilizou os pseudónimos Proscenio e Lady Sofrosine. Finou na Coruña o 8 de novembro de 1940.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Boo. Foi pai de Sara, Raquel (que casou en 1921 con Primitivo Rodríguez Sanjurjo), e Lia Salgado Boo.
Obras
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- El secuestro del poder judicial, 1902.
- Los bacilos y los bastoncitos de doña Perfecta, 1902.
- Poesías, cuentos, aforismos y poemas breves.
En galego
[editar | editar a fonte]- A leenda d’un probe. A soedá do campo, 1918.
- A Galicia, 1918.
- Cantares d’a Terra (2 volumes), 1922,1927.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 9-11-1940, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gato Soengas, Antonio (1993). Deputación Provincial, ed. Francisco Salgado López de Quiroga. Vida e obra poética. Lugo. ISBN 84-86824-31-1.