Saltar ao contido

Francisco Serrano Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Serrano Domínguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Serrano y Domínguez Editar o valor en Wikidata
17 de decembro de 1810 Editar o valor en Wikidata
Ilha de León, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1885 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Xefe de Estado de España
3 de xaneiro de 1874 – 29 de decembro de 1874
Presidente do Consello de Ministros
3 de xaneiro de 1874 – 26 de febreiro de 1874
← Emilio CastelarJuan Zavala de la Puente →
Presidente do Poder Executivo
3 de xaneiro de 1874 – 30 de decembro de 1874
← Emilio CastelarAfonso XII de España →
Rexente de España
26 de maio de 1872 – 13 de xuño de 1872
← Práxedes Mateo SagastaManuel Ruiz Zorrilla →
Rexente de España
4 de xaneiro de 1871 – 24 de xullo de 1871
← Juan Bautista Topete y CarballoManuel Ruiz Zorrilla →
Rexente de España
18 de xuño de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
← Isabel II de EspañaAmadeu I de España →
Rexente de España
3 de outubro de 1868 – 18 de xuño de 1869
← Joaquín Aguirre de la Peña (pt) TraducirJoan Prim i Prats →
Embaixador
Deputado no Congreso dos Deputados
Governor and Captain General of Cuba (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSeminary of Bergara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, político, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal
Partido Constitucional Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoprimeira guerra carlista
Terceira Guerra Carlista Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Duke of la Torre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAntonia Domínguez y Borrell (1850–1885) Editar o valor en Wikidata
ParellaAntonia Domínguez y Borrell Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Serrano y Domínguez
 () Antonia Domínguez y Borrell
Ventura Jacinta Serrano y Domínguez
 () Antonia Domínguez y Borrell
Leopoldo Serrano y Domínguez
 () Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé López Domínguez, sobriño
Fernando Díaz de Mendoza y Serrano, neto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1119743

Francisco Serrano Domínguez, nado en Isla de León (Cádiz) o 17 de decembro de 1810 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1885, Duque de la Torre, foi un militar e político español. Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862), Presidente do Senado (1865-1866 e 1883-1884), Presidente do Consello de Ministros (1868-1868, (1871-1871) e (1872-1872), Rexente (1869-1870) e Presidente do Goberno de España (1874-1874).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Serrano naceu durante o asedio francés de Cádiz, fillo dun militar liberal. Ingresou no exército en 1822, ascendendo por méritos propios durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). En 1839 se incorporou ao Partido Progresista de Espartero.

Durante a Rexencia de Espartero (1841), foi nomeado por este mariscal e Ministro da Guerra. Despois, porén, virouse contra o excesivo poder do rexente, cooperando con Juan Prim para derrocalo (1843). Entre 1846-1848 sería amante da raíña Isabel II, sobre a cal exerceu unha grande influencia política.

Serrano espertaba receos entre os políticos moderados da época. En 1848, foi nomeado Capitán Xeneral de Granada, para telo afastado da Corte. Decidiu apartarse da política, dimitindo do cargo que ostentaba, casou e dedícouse a viaxar.

Cando en 1854 estala unha revolución progresista, Serrano volta a apoiar a Espartero. Ao longo do Bienio Progresista, que entón comezara, foi director xeneral de Artillaría, aliñándose cos centristas que impulsa O’Donnell a través do partido Unión Liberal.

Sería máis tarde embaixador en París, (1856); Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862) e Ministro de Estado (1863). Foi nesa altura que a raíña, Isabel II, o nomea duque de la Torre.

Un ano despois da morte de O’Donnell (5-XI-1867), Serrano sucederao como xefe da Unión Liberal, sumando este partido ás conspiracións antidinásticas de progresistas e demócratas. Participará de contado e decisivamente na Revolución de 1868, que destronaría a Isabel II, vencendo ás tropas gobernamentais na batalla de Alcolea.

Presidente de Goberno e Rexente

[editar | editar a fonte]

Triunfante a revolución, de seguido foi nomeado Presidente do Goberno Provisorio (1868-1869) e, vacante a xefatura do Estado, recaeu sobre el, como Presidente do poder executivo (1869-1870). No tempo no que se aceptou a instauración dun réxime monárquico para España e, mentres non chegaba o novo rei, as Cortes nomearon a Serrano como Rexente, con tratamento de Alteza. Unha vez instaurada a monarquía democrática coa coroación de Amadeu de Savoia, Serrano devolveu os poderes de que fora investido. Con Amadeu foi chamado a presidir o goberno en dúas ocasións (1871 e 1872).

Cando estala a Terceira Guerra Carlista, Serrano derrotaría ao pretendente Carlos (VII) en Oroquieta, asinando o Acordo de Amorebieta, coa esperanza de acabar co conflito (1872). O rexeitamento deste convenio polas Cortes, provocaría a caída de Serrano do goberno. Admitiría a proclamación da Primeira República, aínda que tería que exiliarse pola súa implicación nunha conspiración (1873).

Xefe de Estado

[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de estado do xeneral Pavía, que disolve as Cortes republicanas o 2 de xaneiro de 1874, Serrano será nomeado Presidente do goberno e do poder executivo, instaurando unha sorte de ditadura republicana de talante conservador. A súa ambición era perpetuarse como ditador, aínda que convidou ás tarefas gobernamentais tanto a Emilio Castelar como a Antonio Cánovas del Castillo, que refugaron. Ao tempo a destrución das forzas republicanas, e os conflitos carlista e cubano, que continuaban, abrirán camiño para a restauración dos Borbóns, precipitada a final daquel mesmo ano polo pronunciamento de Martínez Campos en Sagunt, 29 de decembro de 1874. Serrano acepta o novo rei, Afonso XII, pretendendo xogar un papel importante no novo réxime como xefe do Partido Constitucional. Pero as súas aspiracións foran desdeñadas por Cánovas e polo rei, preferindo a Sagasta como líder liberal, razón pola cal se escindirá co grupo da Izquierda Dinástica (1881).

O seu labor de goberno, logo de tantas peripecias, resultou insignificante, amén de que foi un político sen ideais nin proxectos, cunha ambición de poder que o faría mudar frecuentemente de orientación e de lealdades: sería así alcumado o Xudas de Arjonilla, pola súa veleidade e polo lugar onde posuía unha propiedade.


Predecesor:
Emilio Castelar y Ripoll
 
Primeira República española
Presidente do Goberno de España
 
3 de xaneiro - 30 de decembro
1874
Sucesor:
Ninguén
(Reinado de Afonso XII)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]