Saltar ao contido

Francisco Vilaboa Buela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Vilaboa Buela
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Arca, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer, mecánico de automóbiles, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 638

Francisco Vilaboa Buela, nado en Arca (A Estrada) o 8 de decembro de 1903, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chofer e mécanico do Carballal. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 3 de maio de 1937,[1][2] foi condenado a 30 anos de reclusión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo preso na illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo en outubro de 1937.[3] Participou na fuga da prisión o 22 de maio de 1938, sendo capturado e reingresando ao día seguinte. Saíu en prisión atenuada o 26 de novembro de 1940.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[5] Volveu traballar como chofer de ómnibus; en 1957 sufriu un accidente na Fosagrada.[6]

  1. La Voz de Galicia, 4-5-1937, p. 5.
  2. El Ideal Gallego, 4-5-1937, p. 3.
  3. Ficha
  4. "Vilaboa Buela, Francisco". Los presos del penal de Ezcaba. 
  5. El Pueblo Gallego, 2-6-1940, p. 2.
  6. El Progreso, 10-11-1957, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]