Saltar ao contido

Francisco de Orellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco de Orellana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1511 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Trujillo (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte1546 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Delta do Amazonas, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoConquistadores casteláns e exploración Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Amazonas Editar o valor en Wikidata
OcupaciónConquistadores casteláns, militar, soldado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX889307 WikiTree: De_Orellana-5

Francisco de Orellana,[1] nado en Trujillo, Estremadura en 1511, e finado no río Amazonas en novembro de 1546, foi un explorador, conquistador e adiantado español na época da colonización española de América. Participou na conquista do Imperio Inca e, no posterior, foi nomeado gobernador en diversas poboacións. Consideróuselle como un dos conquistadores máis ricos da súa época.

En 1535, participou na pacificación e fundación de Portoviejo onde desempeñou os cargos de rexedor, alcalde ordinario ademais de tenente de gobernador e un dos primeiros veciños. En 1537, fundou a cidade de Guayaquil, que fora destruída polos indíxenas nativos en varias ocasións e recolocada por diferentes colonizadores españois. O ano seguinte recibiu o título de tenente de gobernador de Guayaquil. Despois de rematar a reconstrución da cidade partiu cara a Quito e, xunto a Gonzalo Pizarro, organizou unha expedición que remataría co descubrimento do río Amazonas.

Tras sobrevivir á travesía da viaxe pola Amazonia, partiu de regreso a España onde foi acusado de traizón por cargos presentados por Pizarro. Tras ser absolto, organizou outra expedición, pero non contou co capital nin coa aprobación necesarias. Por esta razón, dedicouse á pirataría e dirixiuse novamente ó Amazonas, onde xunto á maior parte da súa tripulación faleceron sen localización específica ó longo do río.

  1. "Francisco de Orellana". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]